InicioM.ambiente e PatrimonioOro No ve "máis prexudicial" que os anteriores o novo proxecto mineiro...

Oro No ve “máis prexudicial” que os anteriores o novo proxecto mineiro para Salave

O colectivo, que freou outros intentos de explotar o ouro na zona, criticou especialmente a proposta da empresa para verter os residuos ao mar a través dun emisario

Publicada o

- Advertisement -

A Plataforma Oro No considera que o proxecto de Black Dragon Gold para extraer o ouro de Salave, en Tapia de Casariego, é “máis prexudicial” para a zona que os dous anteriores.

Tras analizar o documento de alcance de estudo de impacto ambiental que presentou a filial española da mineira australiana, Exploraciones Mineras del Cantábrico, o colectivo veciñal denunciou a “indefinición manifesta e premeditada” do escrito e criticou especialmente a proposta de verter os residuos ao mar a través dun emisario.

A asociación pregúntase “por que é necesario avaliar de novo un tipo de explotación que xa foi desautorizada no pasado por incumprir claramente a normativa” en referencia aos proxectos de Narcea Gold Mines, suspendido en 2005, e Astur Gold, informado desfavorablemente en 2014.

“CONTRA SECTORES SOSTIBLES”

“Para o beneficio único e exclusivo dunha empresa australiana que explotaría o xacemento un máximo de catorce anos – ou menos se non atopan o ouro que esperan ou o mineral baixa de prezo-,estase poñendo en risco o presente e futuro de toda unha comarca que vive da gandería, da pesca e do turismo, sectores sostibles que cada día máis se demostran como a única vía posible de futuro”, argumentan desde a plataforma.

A colectivo asegura que “seguirá opoñéndose a este tipo de proxectos seguindo con rigor, seriedade e esixindo o respecto estrito das normativas vixentes“.

Coordinadora Ecoloxista d´Asturies tamén anunciou que presentará alegacións ao proxecto, en período de consultas previas ata o 18 de setembro.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...